Primeira pedra do proxecto “Ourense Provincia Termal”

Bota a andar o Plan Estratéxico de Termalismo da provincia de Ourense coa primeira reunión dos responsables do equipo redactor do proxecto de estudo denominado “Ourense, provincia termal”. O obxectivo é realizar unha diagnose dos recursos e necesidades que neste ámbito ten a provincia de Ourense, e comprenderá a elaboración dun estudo de financiamento, a posta en marcha de novos produtos turísticos e a determinación do modelo de xestión que se vai levar a cabo, coa participación pública e da iniciativa privada.
Na xuntanza, que tivo lugar no Pazo Provincial participaron o presidente da institución, Manuel Baltar; o responsable do estudo, Mario Crecente; o xerente do Inorde, José Manuel González; o deputado provincial de Termalismo, Argimiro Marnotes, e o director da Área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira.
Para poñer en marcha os trámites de redacción do estudo, a Deputación de Ourense asinou un convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para a realización do devandito proxecto “Ourense, provincia termal”, que consiste, segundo explica Manuel Baltar, “nun estudo para coñecer a situación actual do termalismo na provincia e a elaboración dun plan director que deseñe as actuacións futuras a realizar para conseguir unha mellora da calidade dos servizos turísticos do sector termal na provincia de Ourense”.
A Deputación de Ourense colaborará cunha achega de 15.000 € para a realización do proxecto, mentres que a Axencia Turismo de Galicia aportará 47.920 €, procedentes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. No marco do acordo, a Deputación será a encargada de supervisar a execución do proxecto, e entre ámbalas dúas entidades constituirase unha comisión de seguimento para asegurar o cumprimento dos obxectivos marcados no plan.
O proxecto contempla dúas fases: na primeira delas -a de diagnose- realizarase un inventario do patrimonio cultural, natural-termal, así como de recursos e axentes termais, acompañado dunha avaliación do escenario turístico-termal, e de entrevistas cualificadas sobre destinos e produtos competidores, xunto cunha análise de fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades, e concluirá esta fase coa definición de liñas estratéxicas de actuación.
Na segunda fase –referida ao plan director- analizaranse as instalacións, proposta de novos produtos turísticos, prioridades de actuación, proposta de financiamento, modelos de xestión e participación da iniciativa privada.
O prazo para a entrega do estudo remata o 31 de decembro, data na que xa se coñecerán as conclusións, accións e as liñas de actuación que terá o plan “Ourense, provincia termal”.

Na xuntanza, que tivo lugar no Pazo Provincial participaron o presidente da institución, Manuel Baltar; o responsable do estudo, Mario Crecente; o xerente do Inorde, José Manuel González; o deputado provincial de Termalismo, Argimiro Marnotes, e o director da Área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>