Ourense: Termalismo Saudable 2013

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou onte cos representantes de Caldaria (Lobios, Cenlle e Arnoia) e dos balnearios de Baños de Molgas e O Carballiño un convenio de colaboración polo que a institución provincial pon en marcha un programa dirixido a promover os tratamentos termais entre os cidadáns e potenciar o turismo termal, por ser este un sector estratéxico no desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense. Por primeira vez na historia, os orzamentos da Deputación de Ourense inclúen unha partida específica de apoio ao termalismo, e esta acción-convenio é a primeira consecuencia directa desta previsión.

O programa inclúe dúas modalidades: a primeira contempla estancias de 6 días /5 noites en establecementos balnearios da provincia en habitación dobre en réxime de pensión completa, cun exame médico inicial para adaptar os tratamentos termais ás características de cada persoa. A segunda modalidade consiste en dez técnicas balnearias, sen estancia no establecemento, en quendas de cinco días consecutivos e a revisión médica previa.

Os establecementos balnearios nos que poderán realizarse os programas son Balneario- Hotel Baños de Molgas, Gran Balneario do Carballiño, Balneario Arnoia Caldaria, Balneario Laias Caldaria e Balneario Lobios Caldaria.

Os requisitos que teñen que cumprir os interesados son: ter máis de 50 anos, estar empadroados nalgún concello da provincia de Ourense, non padecer ningunha enfermidade que o impida para unha convivencia normal nos balnearios, así como, ter capacidade para as actividades da vida diaria. De todos modos, cabe recordar, que as persoas que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse sempre e cando formulen a solicitude como acompañante de alguén que si cumpra os requisitos esixidos.

Nesta convocatoria chéganse a ofertar 1.500 prazas (1.353 prazas na modalidade de estancias balnearias e 147 prazas na modalidade de tratamentos) que terán que realizarse entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2013.

O precio final por beneficiario no programa de estancias irá desde os 170 euros até os 200 euros por persoa, dependendo do establecemento balneario elixido, e será de 85 euros no programa de tratamentos termais. Para máis información acerca das tarifas, os usuarios poderán visitar a web http://termalismo.depourense.es na que se expón toda a información relacionada co Programa.

Os usuarios que queiran beneficiarse desta subvención deberán presentar a súa solicitude no prazo máximo dun mes contando a partir do próximo 6 de maio, data da súa publicación no BOP. As solicitudes deberán realizarse a través de internet na dirección http://termalismo.depourense.es

En caso de necesidade de máis información, os interesados poderán poderán dirixirse á Área de Benestar da Deputación de Ourense que lles prestará asistencia en horario de 9.00 a 14.00, de luns a venres. Para máis información acerca das características de cada un dos balnearios, así como as súas tarifas, ou os criterios de selección, serán expostos na web anteriormente citada http://termalismo.depourense.es.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>